O PSTD Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal enfócase no deseño e posta en marcha dun produto turístico especializado, enmarcado na candidatura a Xeoparque Mundial da UNESCO, baseado no xeoturismo como eixo condutor sobre o que desenvolver unha estratexia de dinamización e desenvolvemento sostible; así, a partir da excepcional riqueza xeolóxica, natural e cultural do territorio créase un relato diferenciado e integrador sobre o que explorar, desenvolver e promover a relación entre o patrimonio xeolóxico e o resto de recursos e aspectos singulares deste destino.
Todas as accións e programas comprenden actuacións de planificación, rexeneración e valorización do patrimonio singular; proxectos de adaptación ao cambio climático e mobilidade sostible, creación de instrumentos de xestión, gobernanza e participación de actores locais; desenvolvemento de produtos turísticos, mellora da calidade dos equipamentos turísticos do destino e servizo nas empresas; implantación de sistemas de avaliación, recoñecemento e certificación que melloren a competitividade; deseño e posta en marcha de ferramentas de promoción e comercialización, con especial énfase na dixitalización.