Durante o mes de agosto, o Espazo Apego de Compostela saiu á rua, concretamente ao parque de bonaval no que durante o mes de agosto desenvolveu unha programación específica baseada en espectáculos musicais e teatrais dirixidos ás familias da cidade. Polo parque de bonaval pasaron a A tropa de Trapo coa obra “Barquiño de pau” ,Magín Blanco co seu “Caderno de cores e cancións”, tamén estivo con nós a compañía Inventi Teatro representando a obra “As palabras perdidas” e finalizou este ciclo estival coa posta en escea de “Circo Galaico” a cargo de Títeres Alakrán.
Foron 4 representacións que congregaron no parque compostelán, a máis de 1000 persoas que puideron desfrutar en familia de espectáculos infantís en lingua galega.