A actividade de contratación do sector público supón unha cifra superior ao 10% no PIB do conxunto do Estado.
En Atlantic Ponte, contamos cun departamento técnico especializado que se encarga de asesorar de principio a fin no proceso de contratación pública ao poder adxudicador.
O principio de igualdade real e efectiva de mulleres e homes implica a ausencia de toda discriminación, directa ou indirecta, por razón de sexo, en todos os ámbitos da vida e, en particular, no económico, social, sanitario, laboral, cultural e educativo.
É evidente que nos últimos anos se avanzou moito nesta materia, pero lamentablemente aínda queda moito por percorrer para conseguir unha igualdade real. En Atlantic Ponte contamos cun equipo de profesionais que axudan ás empresas e administracións públicas a adaptar as súas estruturas ás novas esixencias legais.