Éxito na Feira de ideas 2022, e na Xornada INICIA

O pasado martes 29 de marzo, como parte do Programa Inicia, celebrouse no centro Ágora da Coruña unha feira de ideas con participantes de varios centros educativos da Coruña. Cada grupo tiña que crear unha empresa e idea de negocio – ou proxecto – para presentala ao público edefendela fronte unha chea de visitantes curiosos/as, que paseaban entre os distintos postos preguntando e indagando sobre a viabilidade e innovación das distintas iniciativas.

Os mozos e mozas que conseguiron chegar cos seus proxectos ata esta cita expositiva tiveron que agudizar o inxenio para explicar, e convencer ao xurado da viabilidade e proxección do seu negocio. Desde as 10:00 e ata ás 14:00 tiveron que atender a cada curioso ou curiosa que visitaba os seus stands, sabendo que entre algúnha desas persoas había uns poucos que eran o xurado, mais sen saber quen.

Finalmente os proxectos gañadores nomeados na clausura foron:

3º – Insectlife, equipa de xestión administrativa do CPR Nebrija.

2º – REDucaT, equipa de animación 3D, xogos e entornos interactivos do CIFP Imaxe e Son.

1º – TUBIK, equipa de instalación e amoblamento do IES Rosalía Mera.

Pero noraboa a todas e todos, e que todos os proxectos teñan un oco no futuro!