Traballar en “multitarea” é nefasto para ti e a túa empresa

Fonte: xataka

Poder facer máis traballo en menos tempo é algo que sempre interesa a quen busca optimizar ao máximo o seu tempo. É por iso que solapar distintas actividades para executalas en paralelo é un concepto que, a priori, pode facernos pensar que mellorará a produtividade. Se es un robot iso pode ser certo, pero para os seres humanos temos malas noticias: Non é nada eficiente. De feito, unha investigación da Universidade de Standford establecía que é un 40% menos produtivo tentar realizar varias tarefas simultaneamente, fronte a realizalas unha tras outra. Segundo os investigadores, podería afectar á nosa capacidade cognitiva dunha forma moi similar á que se experimentariamos “fumando marihuana ou quedándonos espertos toda a noite”

Facer moitas cousas e esquecelo todo

A ciencia demostrou que traballar en modo multitarea afecta á memoria a longo prazo, á retención de datos e, sobre todo, na aprendizaxe de procesos. É dicir, aínda que desenvolvas unha boa capacidade para cambiar de tarefa con facilidade, o teu cerebro borrará esa información tan pronto como acabes a tarefa. É probable que iso che sirva para momento puntuais, pero esquecer citas ou tarefas futuras non che fará máis produtivo a medio prazo.

Traballas o dobre, estrésaste o dobre

Realizar varias tarefas simultáneamente implica esixir ao cerebro uns niveis moi elevados de concentración e un ritmo de procesado excesivo. A súa resposta: estresarte máis do habitual. As investigacións na materia demostraron que a multitarea ten un custo elevado para o cerebro, que se traduce en niveis de estrés por enriba da media (que xa de seu é elevada), sumindo ao cerebro nun estado de emerxencia constante denominado sobrecarga alostática. Estes altos niveis de estrés impactan de forma notable nos sistemas neuronal, cardiovascular, autónomo, inmunológico e metabólico.

2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Evita a multitarea, reduce as distraccións

Por moi de moda que estea o concepto, o cerebro humano non está deseñado para realizar varias tarefas complexas simultaneamente. Necesita fixar un obxectivo da tarefa e concentrarse ao máximo nela para realizala no menor tempo posible e cos mellores resultados. A profesora Gloria Mark, profesora reitora de informática na Universidade de California, recomenda evitar distraccións que che perturben esa concentración. Apagar todas as notificacións dos dispositivos. Aínda que teñas unha vontade de ferro e aguantes sen coller o teu smartphone, o simple feito de saber que algo sucede xa reducirá o teu nivel de concentración.

Respira e dálle un respiro

Aínda que non se atope en modo multitarea, cando o cerebro se concentra durante moito tempo nunha tarefa incrementa considerablemente a súa actividade neuronal. A ciencia aconsella programar descansos periódicos de cinco minutos cada hora de traballo. Con todo, debes prestar tanta atención ao tempo de descanso como ao de traballo. Tras un par de horas co foco posto na tarefa, as túas redes sociais e mensaxes cobrarán un especial atractivo e cada vez resultarache máis complicado resistir á tentación dunha ollada rápida. Eses cinco minutos pódense converter en 15 ou 20 minutos sen darte conta.

3

Crea unha lista de prioridades

Antes de comezar a xornada, elabora unha lista de tarefas ordenada por prioridade ou, se tes tendencia a procrastinar, alterna tarefas de distinta intensidade ao longo da xornada.