Que é unha licitación? Que tipo de contratos existen? Descubre as claves do sector público

Preguntar que é unha licitación, que tipo de contratos públicos existen ou que documentación é necesaria, é algo moi común cando non traballas no sector público.

En Atlantic Ponte, especializámonos tanto na consultoría para empresas como para as administracións públicas. Isto nos permitiu detectar que existen conceptos ou procedimentos habituais dentro da administración, pero que para o resto da ciudadanía non o son tanto.

Por iso, en medio de tanto papeleo coñecer qué é unha licitación ou qué tipo de contratos existen é a clave cando queres interactuar coa administración.

Que vas a encontrar neste post?

Hoxe imos falar sobre as licitacións e responder a moitas das preguntas que normalmente aparecen cando empezas a ter un primer contacto co sector público.

Que é un prego?

En Atlantic Ponte asesoramos ao persoal público para a redacción de diversas licitacións. Por iso, sabemos que cada licitación exige preparar unha gran cantidade de documentación para elaborar os pregos. É nestes documentos onde se recollerán todos os requisitos para poder acceder a unha licitación.

Nos pregos das cláusulas administrativas atópanse as indicacións de como se debe presentar a proposta para participar, así como a documentación que debe incluir.

Por outro lado, o prego de prescripcións técnicas incluye as características técnicas que deben cumprir os bens o servizos das empresas que queran participar nunha licitación.

Que é unha licitación?

As licitacións son un proceso participativo polo cal a administración busca adquirir as mellores condicións de compra para un determinado proxecto ou obra. Estas poden levarse a cabo mediante un concurso ou convocatoria, entre diferentes proveedores, mediante o cal se outorga o contrato.

 

O obxectivo principal das licitacións é conseguir a mellor proposta entre as distintas opcións, pero mantendo sempre a transparencia e igualdade de condicións entre os participantes.

Que tipo de contratos existen?

Os contratos poden clasificarse en función do obxecto e réximen xurídico, tal e como indica a Lei de contratos do Sector Público (LCSP).

En función de su objetivo pueden ser

Contratos típicos
  • O contrato de obras
  • O contrato de concesión de obras
  • O contrato de concesión de servizos
  • O contrato de servizos
  • O contrato de suministro
Contratos mixtos

Son contratos de distinto tipo que se fusionan nun único contrato porque os servizos que ofrecen están vinculados ou relacionados entre si.

Contratos administrativos especiais

Son os que o seu obxecto é distinto aos contratos típicos, pero que satisfacen unha finalidade pública e competencia da  administración.

En función do seu réximen xurídico según o dereito comunitario

Os contratos poden estar suxeitos a unha regulación harmonizada. Isto significa que, debido á entidade contratante, ao seu tipo e importe, están suxeitos a unha serie de directrices europeas.

 

Os importes poden variar cada dous anos segundo a Comisión Europea:

 

Contratos de obras, concesións de obras e concesións de servizos, cando o seu valor estimado sexa igual ou superior a 5.350.000 €.

 

Contratos de subministración e servizo, cando o seu valor estimado sexa igual ou superior a 214.000 €. Contratos de servizos especiais (servizos sociais, sanitarios, educativos, culturais, etc.), cando o seu valor estimado sexa igual ou superior a 750.000 €.

 

Os contratos que non están suxeitos a regulacións harmonizadas deben respectar os principios xerais do Tratado de funcionamento da UE.

En función do seu réximen xurídico de dereito administrativo ou privado

Contratos administrativos: están rexidos pola LCSP tanto para a súa preparación, como concesión ou extinción.

 

Contratos privados:  na súa preparación e consesión aplícase a LCSP. En canto aos efectos de extinción aplícanse as normas do dereito privado.

Como se concede unha licitación?

O procedemento de adxudicación está regulado para garantir a liberdade de acceso ás ofertas, a igualdade de trato, a proporcionalidade, a transparencia e evitar a arbitrariedade á hora de seleccionar un profesional ou empresa.

 

Os contratos poden adxudicarse a través dos seguintes procedementos:

Procedemento ordinario

É o máis común na administración.

 

Procedemento aberto: calquera empresa ou organización pode presentar a súa proposta. Deberá demostrar que reúne os requisitos necesarios establecidos nas especificacións da cláusula administrativa.

 

O procedemento aberto á súa vez ten dúas modalidades:

 

Aberto simplificado: en contratos de obras cuxo valor estimado é igual ou inferior a 2.000.000 de euros. Nos contratos cuxo valor estimado sexa igual ou inferior aos importes establecidos nos artigos 21.1, letra a) e 22.1, letra a) da LCSP, respectivamente.

 

Aberto exprés: para contratos de obras cun valor estimado inferior a 80.000 euros e en contratos de subministración e servizos cun valor estimado inferior a 60.000 euros, agás aqueles que teñan por finalidade servizos intelectuais.

 

Procedemento restrinxido: neste procedemento só poderán presentar propostas de empresas que, a petición deles e á vista da súa solvencia, sexan seleccionadas polo poder adxudicador.

 

É importante ter en conta que os termos do contrato non se poden negociar cos solicitantes (artigos 160 a 165 LCSP).

Procedimientos non ordinarios

Este tipo de procedemento só se pode empregar nos casos previstos na normativa. O máis destacado sería:

Procedimento negociado

A adxudicación recaerá no licitador de forma xustificada, elexido polo órgano de contratación. Esto se fará tras efectuar consultas cos diversos candidatos e negociar as condicións dos contratos con un ou varios deles (artículo 166 a 171 de la LCSP).

Procedemento de diálogo competitivo

O órgano de contratación establece un diálogo cos candidatos seleccionados, logo da súa solicitude. O obxectivo é desenvolver solucións que sirvan de base aos candidatos elixidos para presentar unha oferta (artigos 172 a 176 LCSP).

Procedemento de asociación

Para aqueles casos en que sexa necesario realizar actividades de I + D en obras, servizos e produtos, para a Administración. Neste caso, deberán responder á actuación e aos custos acordados entre ela e os participantes.

Hai tamén outros casos, expostos na normativa, nos que a adxudicación non se realiza por procedementos ordinarios ou non ordinarios. Serían os seguintes:

Adxudicación directa
Concursos de proxectos
Asistencia sanitaria por emerxencia

Só pode producirse no caso de contratos menores (cantidade inferior a 40.000 €, no caso de obras ou inferior a 15.000 €, no caso doutros contratos). Tamén pode ocorrer cando se tratan de urxencia.

Dirixido á obtención de plans ou proxectos. Principalmente nos campos da arquitectura, a planificación urbana, a enxeñaría ou o procesamento de datos. Faise a través dunha selección que, despois do correspondente concurso público, se encomenda a un xurado.

Prestación da asistencia sanitaria en situacións de urxencia e por importe inferior a 30.000 euros.

Como podes ver, hai moita información que procesar. O sector público ten as súas propias características e procedementos, que, aínda que poden ser un tanto laboriosos, sempre procuran obter o mellor contrato en igualdade de condicións.

 

Agardamos que este artigo poida servir de punto de partida para comprender o que é unha licitación e todos os procedementos que se lle xuntan.

 

Se tes algunha dúbida e traballas na administración ou queres traballar con ela, descubre o noso servizo de consultoría estratéxica para a administración pública. Estamos seguros de que poderemos resolver todas as súas dúbidas