O programa que desenvolve o CMIX nos centros educativos da cidade da Coruña, incorpora para este novo curso 20 novas persoas que entre novembro de 2024 e maio de 2025 exercerán de persoas de referencia en información xuvenil nos seus diferentes centros formativos. O Concello da Coruña encárgase de formalos e asesorálos durante todo ese período en temas como ocio saudable, actividades lúdicas, actividades educativas, programas de emprego, e moitos outros temas que poidan ser de interese para o colectivo xuvenil da Coruña.
O programa de Antenas ten as seguintes características:
1. Compromisos das Antenas de Información Xuvenil
A incorporación ao Programa de Antenas de Información Xuvenil do Concello da Coruña supón adquirir os seguintes compromisos:
-
- Asistir ás acción formativas e reunións de coordinación que se convoquen
- Establecer un acordo de incorporación para o desenvolvemento deste programa
- Estar en comunicación permanente cos Espazos de Información Xuvenil
- Manter o espazo informativo e as canles dixitais de información actualizadas semanalmente,de forma ordeada e atraente
- Difundir información de interese xuvenil a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, compañeiras/os de centro educativo, etc
- Animar as/os compañeiras/os a participar da información e achegar inquedanzas, intereses, ideas ou suxestións.
- Manter en bo estado o material ou ferramentas cedidas polo Concello ou a empresa adxudicataria.
2. Contraprestacións
A persoa con función de Antena obterá as seguintes contrapestacións:
-
- Recibir formación en materia de información xuvenil: dinamización de información, xestión de redes sociais, etc
- Recibir gratuitamente o carné internacional de estudante
- Obter un certificado que acredite a súa participación no programa
- Recibir entradas a eventos organizados ou programados polo Concello da Coruña (concertos, deportes, cine , teatro, etc)
- Compensación económica de 100,00 euros brutos por colaboración educativa. Esta compensación será efectuada unha vez rematado o proxecto anual.
- A compensación económica é por proxecto de antena, polo que no suposto de que existan 2 persoas no proxecto, a compensación sería de 50,00 € para cada unha delas.