Atlantic Ponte á fronte da secretaría técnica do proxecto nós, que procura crear recursos orais e conversacionais en galego con todos os acentos e variantes dialectais que existen para facilitar a interacción a través de ferramentas como o GPS, asistentes de voz, Chat GPT e as que se desenvolvan no futuro.
Durante o mes de outubro o proxeco nós visitará quince localizacións distribuídas por todo territorio galego, na que a maiores da súa presentación en cada Concello, as persoas que queiran doar a súa voz e contribuir neste enorme proxecto de País, poderano facer acompañadas/os do persoal técnico responsable da implementación desta fantástica ferramenta de IA para o noso idioma.