Exposición unha vida vikinga

Captura de pantalla 2024 10 04 a las 21.21.14

Ata o 5 de xaneiro de 2025, poderás visitar a exposición “unha vida vikinga”

De martes a domingo | De 10 a 20 h
Museo Centro Gaiás | Andar 1

Organiza:

 

 

 

 

A exposición internacional á Cidade da Cultura unha visión máis ampla e diversa dun pobo que agocha moito máis ca unha historia de conquistas e violencia. Trátase dunha das maiores exposicións realizadas en España sobre cultura viquinga e abrangue arredor de 120 pezas históricas e arqueolóxicas procedentes de destacadas institucións museísticas de Suecia, Dinamarca, Francia e España, entre elas catro Museos Nacionais e unha Biblioteca Nacional.
Unha vida viquinga proponse ir máis alá dos clixés do imaxinario popular sobre esta civilización, achegándonos a aspectos como a participación das mulleres nas campañas de exploración, pero tamén ás viaxes e ao comercio, á mitoloxía, á estrutura social e política, á presenza da cultura viquinga fóra de Escandinavia ou á súa relación con Galicia. Comisariada pola doutora en Estudos Escandinavos e especialista de referencia na Idade Viquinga, Irene García Losquiño, a mostra amosa pezas nunca antes exhibidas na península Ibérica.

Máis información: